lunes, 3 de noviembre de 2014

As Xuventudes Socialistas de Marín instan a Ramallo a conseguir un mellor servizo de bus na liña Marín-Pontevedra.



Os mozos e mozas socialistas veñen de presentar unha moción no rexistro do Concello que se debatirá no pleno da vindeira semana na que exisirán diversas medidas para que mellore a calidade do servizo e disminúa o prezo do billete do autobús na liña Marín-Pontevedra.

O secretario xeral, Nacho Cortés afirmou que “unha vez máis este Concello está a demostrar que non se entera dos problemas da rúa pois trátandose dunha liña de enorme rentabilidade económica, e sendo moitas veces o único medio de transporte posible para moitos veciños de Marín, non fixeron nada en todo este tempo para conseguir un prezo máis baixo ou un mellor servizo pese a estar o seu partido ao fronte da Xunta e da Deputación”.



Marín, 3 de noviembre de 2014

              
As Xuventudes Socialistas de Marín presentaron hoxe un paquete de medidas  para a mellora de calidade, servizo e prezo da liña de transporte entre Marín e a cidade do Lérez entre as que destacan a creación dunha area metropolitana de transporte, o incremento das liñas horarias e a negociación para a  recuperación do Noitebús.


Medidas que inclúe a moción das Xuventudes Socialistas de Marín:

1.    Trasladar á Xunta de Galicia e ao seu presidente o Sr. Núñez Feijoo a petición da Corporación Municipal de Marín para que sexa retomado o servizo de Noitebús entre as localidades de Marín e Pontevedra, porque consideramos que este servizo demostrou a súa eficacia cara a mellora da seguridade viaria e a redución de accidentes de tráfico especialmente entre os xóvenes diminuindo a condución de madrugada en situación de risco.

2.    Que o Concello de Marín xestione ante a empresa concesionaria do transporte de Marín a Pontevedra unha ampliación dos horarios do servizo. Dita ampliación consistiría en que de luns a domingo o servizo entre Marín e Pontevedra se preste ata ás 12 da noite, ainda que sexa cunha menor frecuencia de pasada a partir das 22:00h.
Para o fin de semana que se solicite un adianto na hora de saída do primeiro bus con destino Marín ás 06:00h da mañá (actualmente é as 07:00h).

3.    Que o Concello de Marín impulse coa Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra (como mediador provincial cos Concellos) a creación en Pontevedra e arredores dunha área metropolitana de transporte, coma xa sucede nas ciudades da Coruña, Ferrol, Lugo ou Santiago. Mediante a creación de dita área metropolitana de transporte se podería acadar para os veciños de Marín un prezo por cada viaxe que rondaría entre os 71 e os 84 céntimos, o cal suporía unha evidente mellora sobre o prezo actual que é de 1,40 €, o que repercutiría moi positivamente na economía dos veciños de Marín.

O secretario xeral da organización, Nacho Cortés, declarou que “as vantaxes que tería Marín coa creación dunha area metropolitana de transporte son moi positivas, coma xa sucede noutras cidades coma Coruña, Ferrol, Lugo ou  Santiago, conseguiríase unha importante reducción do prezo, do actual 1,40 euros por viaxe ao entorno os 71 e os 84 céntimos por viaxe, repercutindo positivamente na economía dos veciños e veciños, sobretodo naqueles que por obligacións persoais ou profesionais dependen deste servizo. O transporte metropolitano conectaría Pontevedra co resto de concellos de arredor, como Marín, Poio ou Sanxenxo  por exemplo”.

Cortés apuntou ademáis que “O PP de Pontevedra quere conseguir transporte urbano para Pontevedra, eu pregúntome que fai Ramallo? A alcaldesa unha vez máis non se entera dos problemas da xente, e por iso nós  temos que hoxe denunciar unha situación que xa é abusiva para os bolsillos da xente. O incremento do bus nos últimos anos foi escandaloso, por iso pedimos medidas que disminúan o seu prezo e melloras no servizo”.

“O mesmo presidente da Xunta afirmou que se crearían novas areas metropolitanas de transporte recentemente, pero xa dende 2010 falaba do transporte metropolitano en Vigo e Pontevedra, a qué estamos a esperar? A liña de Marín dende logo deficitaria non é”. engadiu Cortés.
Ademáis, as Xuventudes Socialistas de Marín queren que o Concello de Marín xestione ante a empresa concesionaria do transporte de Marín a Pontevedra unha ampliación dos horarios do servizo. 

Entre outras das propostas de negociación está a posibilidade de reimplantación do Noitebús. Dende a organización indicaron que: “o servizo de Noitebús era unha medida de gran éxito e aceptación entre a mocidade posta en marcha no ano 2006 polo PSdeG e que contribuía a mellora da seguridade viaria, polo que pedimos que se negocie a posible reimplantación do servizo, polo menos durante o período estival o que repercutiría positivamente tamén na visita de máis xente as festas e eventos que se fagan en Marín”.

Cortés defendeu a reposición do Noitebús: “consideramos que non todos os usuarios que o empregan teñen porque consumir alcohol, e independentemente de se o fan ou non, o Noitebús contribue a seguridade viaria e fomenta a igualdade entre os rapaces xa que non todos temos coche propio ou os mesmos recursos económicos”




Ler máis

XSG Marin

Se queres poñerte en contacto con nós: marin@xsgalicia.org

Xuventudes Socialistas de Marín. R/Jaime Janer, 79 - Baixo | Correo electrónico marin@xsgalicia.org | Designed By Seo Blogger Templates