Os mozos e mozas socialistas presentaron hai semanas
unha moción no rexistro do Concello que se debatirá no pleno da vindeira semana
na que exisirán diversas medidas para que mellore a calidade do servizo e
disminúa o prezo do billete do autobús na liña Marín-Pontevedra.
O secretario xeral, Nacho Cortés quiso respostar hoxe ao grupo do goberno municipal ante a negativa de aprobar a moción, negándose o PP marinense a negociar coa Xunta o restablecemento
do servizo de Noitebús:“non
me veñan con excusas, o servizo de Noitebús demostrou que contribúe
eficazmente á seguridade viaria dos
mozos e mozas e tamén a ser unha garantía de igualdade entre os rapaces, pois
non todos temos coche propio ou os mesmos recursos económicos” afirmou Cortés.
“Parecemeu indignante e unha
irresponsabilidade que no seu día Feijóo recortase este servizo, e agora
paréceme aínda máis indignante que a alcadesa e o seus concelleiros sexan uns
vendidos ante o presidente da xunta e pretendan lavarse as mans e non facer
nada ante esta demanda” engadiu o líder da agrupación locas das Xuventudes
Socialistas.
Dende a organización aseguran que “se esta moción non se aproba demostrarase
unha vez máis a valía que ten a palabra do señor Feijóo e o medo que lles
xenera a Ramallo e o seu equipo. Están co partido e non coa xente”.
Respecto ás declaracións de membros do grupo municipal do PP de
que “hay que tratar de
que la gente se quede y se divierta en Marín, y no potenciar que se vayan a
Pontevedra", o secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Marín,
Nacho Cortés, respostou que “deberían tomar nota de outros concellos de
Galicia onde
si se restableceu o Noitebus nalgúns períodos do ano coma o verán e con moito
éxito. So lle están a sacar o lado negativo a isto, pero hai moita a xente que
quere vir ás festas do Carme ou a outras actividades deportivas e culturais e
non poden porque para voltar a Pontevedra non hai servizo de bus durante a
noite. Así como vai vir a xente?”
Cortés
mostrouse moi crítico ante estas declaracións do grupo de goberno: “A xente non
vai vir a Marín mentres vostedes continúen sen propiciar a aparición de
iniciativas privadas de ocio, Marín morre porque a vosa incompetencia impide
que poidamos estudar ou salir de marcha aquí. Creranse vostedes que catro
hinchables nas praias e un tren navideño que da voltas por Marín é todo o
maravilloso que están a facer pola mocidade, con eses cartos mal gastados
melloraban a biblioteca ou creaban emprego para os mozos e mozas da vila. Está
claro cales son as súas prioridades”
Finalmente
o secretario xeral das XSG-Marín quiso destacar que as melloras no servizo de
bus son necesarias e que o debate deste tema e as propostas que se poidan levar
a cabo en beneficio de todos os marinenses teñen que ser ben recibidas, pero
mostrouse preocupado porque “nin a alcaldesa nin o seu equipo de goberno se
puso na pel dos veciños e veciñas nestes tres anos de goberno, non fixeron
nada, sendo conscientes da moita xente maior, persoas en situación de
desemprego ou estudantes que día a día teñen que utilizar este servizo co
enorme custo que supón”.
Remitimos
ademáis unha queixa veciñal que se publicou no blog de Angel Carragal, e que
demostra a desinformación do Concello ante esta problemática do bus.
"Na mañán do día primeiro do ano tiñamos que ir a
Pontevedra e estuvimos na parada de Marín desde as 10,10. Entre a xente que alí
estabamos había alguns rapaces e rapazas que pasaran a noite de fin de ano en
Marin e querían volver a Pontevedra. Despois de unha espera hasta as 11,30 un
dos xóvenes chamou a empresa e lle dixeron que non había servicio ata as
16,30 horas. ¡Así se consigue que a xuventude non colla o coche como di a
publicidade de tráfico! Imaxinamos que un servicio publico non pode
funcionar así e desde o Concello esperamos que se faga unha protesta
publica ante esa "maravillosa" empresa. Si queremos que a xente veña
a Marin con este servicio público funcionando así imos ven. Manán iremos a
Consumo a facer a reclamación pertinente."
Medidas que inclúe a moción das
Xuventudes Socialistas de Marín:
1.
Trasladar á Xunta de Galicia e ao seu presidente o Sr. Núñez
Feijoo a petición da Corporación Municipal de Marín para que sexa retomado o
servizo de Noitebús entre as localidades de Marín e Pontevedra, porque
consideramos que este servizo demostrou a súa eficacia cara a mellora da
seguridade viaria e a redución de accidentes de tráfico especialmente entre os
xóvenes diminuindo a condución de madrugada en situación de risco.
2.
Que o Concello de Marín xestione ante a empresa concesionaria do
transporte de Marín a Pontevedra unha ampliación dos horarios do servizo.
Dita ampliación consistiría en que de luns a domingo
o servizo entre Marín e Pontevedra se preste ata ás 12 da noite, ainda que sexa
cunha menor frecuencia de pasada a partir das 22:00h.
Para o fin de semana que se solicite un adianto na
hora de saída do primeiro bus con destino Marín ás 06:00h da mañá (actualmente
é as 07:00h).
3.
Que o Concello de Marín impulse coa Xunta de Galicia e a
Deputación de Pontevedra (como mediador provincial cos Concellos) a creación en
Pontevedra e arredores dunha área metropolitana
de transporte, coma xa sucede nas ciudades da Coruña, Ferrol, Lugo ou
Santiago. Mediante a creación de dita área metropolitana de transporte se
podería acadar para os veciños de Marín un prezo por cada viaxe que rondaría
entre os 71 e os 84 céntimos, o cal suporía unha evidente mellora sobre o prezo
actual que é de 1,40 €, o que repercutiría moi positivamente na economía dos
veciños de Marín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario